O vento tornouse pedra,
trouxo no seu colo
choiva lixada.
Nun bosque de cinzas esparexidas no vento
nunha praia do oeste
a friaxe tinxe a area de lama fría
mentres as mareas viaxan cara ó firmamento azul.
A luz do mencer atopounos deitados
nun prado,
a carón do océano,
onde bágoas escorrentadas viaxan
na memoria do tempo.